Novas

QUEDOU A 18 SEGUNDOS DO OURO

Nelson Oliveira, bronce no Campionato de Europa Sub 23

[ 16/07/2010 ] Nelson Oliveira conquistou a medalla de bronce no Campionato de Europa sub 23 disputado esta tarde na cidade turca de Ankara. O ciclista do Xacobeo Galicia segue instalado nas posicións de podio nas competicións máis relevantes a nivel mundial dentro da modalidade de contrarreloxo e na categoría de menores de 23 anos.

Nun percorrido de 25,9 quilómetros, Oliveira quedou a 4 segundos da medalla de prata, que se adxudicou o francés Geoffrey Soupe; e a 18 do ouro, que levou o británico Alex Dowsett, novo campión de Europa.

Nelson Oliveira fora subcampión do Mundo en 2009 e con este bronce nos europeos confirma que a súa posición entre a elite mundial na súa categoría non é algo fortuíto, senón froito dunhas condicións que xa veu exhibindo este ano na súa primeira tempada como profesional.


Imprimir Enviar


© Fundación Ciclismo Galego

Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?